981 55 28 45 – 981 58 01 92 info@dieztelecom.com

Servizos

Diez Telecom - Tienda en Santiago de Compostela

Tenda en Santiago de Compostela

Na nosa tenda física situada en Santiago de Compostela ofrecémosche unha atención personalizada e asesoramento profesional. Contamos cunha ampla carteira de dispositivos para que esteas conectado: teléfonos, radios, cargadores, auriculares… Ademais, temos produtos electrónicos básicos e esenciais para o teu fogar como mandos a distancia, cables, USB…

Ven vernos e pregúntanos se tes dúbidas!

Telefonía móbil

Somos distribuidores oficiais das marcas máis importantes do mercado de liñas de fibra e móbil. Ofrecemos unha gran variedade de opcións para satisfacer tódalas túas necesidades de comunicación, desde dispositivos de última xeración ata ofertas alcanzables.

Traballamos con marcas líderes no mercado como O2, PepePhone, Vodafone, R, MásMóvil, Jazztel, Simyo, Lowi, DIGI e moitas máis. Ademais, temos ofertas exclusivas na nosa tenda que non atoparás en Internet.

Diez Telecom - Telefonía móvil
Diez Telecom - Antenas TDT y satélite

Antenas TDT ou satélite

Se necesitas instalar unha antena de TDT ou satélite no teu fogar ou na túa comunidade de veciños, podemos axudarche. Contamos cun equipo de profesionais que se encargan da instalación ou reparación das mesmas. O noso obxectivo é proporcionar o mellor sinal e calidade de imaxe na túa televisión. Ademais, brindámosche asesoramento personalizado para atopar a solución máis adecuada para as túas necesidades e orzamento.

Mantemento de comunidades

Queres asegurarte de que as instalacións de telecomunicacións e iluminación da túa comunidade funcionen sen problemas?

Os nosos profesionais encárganse da reparación e mantemento das instalacións de telecomunicacións e iluminación, asegurándose de que todo funcione de maneira óptima: boa iluminación, sinal de telecomunicacións estable… Ofrecémosche plans de mantemento personalizados para satisfacer as túas necesidades e orzamento.

Diez Telecom - Mantenimiento de comunidades
Diez Telecom - Redes LAN y WiFi

Redes LAN e WiFi

O noso servizo de instalación de redes LAN e Wifi permitirache ter unha conexión a Internet rápida e sen interrupcións en cada recuncho do teu fogar ou negocio. Os nosos expertos encárganse de instalar tódolos elementos necesarios para garantir unha conexión estable no teu fogar ou no teu negocio. Ademais, axudámosche a atopar a solución máis adecuada ao que necesitas.

Porteiros e videoporteiros

Traballamos cos mellores modelos do mercado, ofrecendo unha ampla variedade de opcións para que poidas elixir a que mellor se adapte ás túas necesidades. Tódolos nosos porteiros e videoporteiros teñen características de última xeración, como apertura de chaveiro, posibilidade de abrir en remoto, paneis con clave e aplicacións móbiles para maior comodidade. Non te preocupes pola instalación, xa que nos encargamos de todo o proceso para que teñas un sistema completamente funcional.

Diez Telecom - Porteros y videoporteros
Diez Telecom - Instalación de TV en pared

Instalación de TV en parede

Instalamos a túa televisión na parede que elixas, de maneira rápida, segura e profesional, para que poidas ter unha imaxe clara e nítida desde calquera ángulo da habitación. Ademais, ofrecémosche opcións personalizadas que inclúen a colocación de soportes articulados e ocultación de cables. Co noso servizo de instalación de televisión en parede, podes gozar dunha experiencia de entretemento sen límites na comodidade do teu fogar.

Logo Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia
Logo Next Generation EU
¡Escríbenos!