981 55 28 45 – 981 58 01 92 info@dieztelecom.com

Nuestro blog

Promoción R para abril

por | Abr 3, 2023 | Sin categoría | 0 comentarios

A compañía galega R continúa coas mesmas ofertas que había. Pero como antes non tiñamos blog para comunicalas, ímolas a detallar a continuación. Destacamos en primeiro lugar a oferta especial de 45€, por ser moi competitiva e estar disponible so nas tendas, como a nosa 🙂

Esa oferta ven sendo como esta de 59€:

A diferenza é que queda en 45 euros IVA incluído durante 12 meses, con compromiso de permanencia desa mesma duración. Como vedes é moi completa, así que datallamos a continuación:

  • Internet fixo: Fibra FTTH de 300 megas simétricos ou HFC (Híbrido Fibra Coaxial) 300/30. O paquete ven coa promo de 1000 megas a prezo de 300 durante 3 meses. Instalarase un router wifi 6 e existe a posibilidade (si a vivenda é máis grande que pequena recomendámolo) de adquirir un sistema mesh por un pago único de 15€ na primeira factura.
  • Teléfono fixo: Con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móviles.
  • Televisión ocio: máis de 80 canles, entre eles a TDT e os favoritos como Fox, Axn, National Geographic… + detalles aquí: https://mundo-r.com/particulares/ven-a-r/tv , sobre este servizo, tamén existe a promo de TV total 3 meses a prezo de TV ocio (110 canles en lugar de 80).
  • Liñas Móviles: Inclúense no prezo dúas líneas con conectividade 5G e chamadas e datos ilimitados. Podes engadir máis liñas, e sobre estas adicionáis hai unha promo de 3€/mes 12 meses. A condición indispensable para tódalas liñas é que deben ser todas portabilidades, así que si algunha das que estás interesado queres que sea nova fala con nos que sabemos como facelo 😉

O resto das tarifas que expoñeremos teñen unha permanencia menor, só de 3 meses, e son as seguintes:

Esta primeira mantén as mesmas condicións en internet, cambia no referente á televisión, que non ten, e a liña móvil ven con 10Gbs en lugar de Gbs ilimitados. Podes engadir unha liña adicional en igualdade de condicións por 0€, poderíamos redactalo como «dúas liñas polo prezo dunha» pero ven sendo o mesmo. 😉

 

 

Éste paquete é idéntico á promo de 45€ de antes, pero se non queres ter permanencia de 12 meses podes elexilo e tela de 3, as condicións de liñas adicionais están escritas máis arriba. Todo igual salvo o prezo, máis alto 🙁 e a permanencia, máis baixa 🙂

 

 

 

Esta outra promoción engade Netflix á anterior, é dicir, suma 10€ sobre o paquete anterior, polo paquete de Netflix, que, contratado libre, custaría 13,99€ (O plan de dúas pantallas en FullHD) , así que, se che encaixa o paquete anterior, e gústache Netflix, xa deberías coller este e aforrar 3,99€ ao mes.

 

 

 

Por último está a promoción para aqueles que so necesiten internet (e fixo), trátase simplemente de internet a 1000 mbps de velocidade + liña fixa con ilimitadas a fixos e 60 minutos a móviles. Custa 29€/mes 12 meses e despois 44€/mes. Esta promoción leva asociada unha permanencia tamén de 12 meses. Tamén cabe puntualizar, que os 1000 megas están dispoñibles en zonas FTTH, onde non as houbera, serían 600 mbps, o resto de condicións son as mesmas.

Con esto acabamos o resumo das promos de R de abril, e no futuro iremos actualizando as promos con modificacións sobre esta entrada, salvo que fagan unha revolución nas tarifas que adoitan facer unha vez ao ano.

Saúdos

Álvaro Diez.

Logo Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia
Logo Next Generation EU
¡Escríbenos!