Un ano máis, Diez Telecom súmase á campaña Días Azuis do Comercio Galego para a edición verán 2023. Esta exitosa iniciativa publicitaria/promocional foi deseñada e posta en marcha pola Federación Galega de Comercio, pola Xunta de Galicia e en colaboración con Abanca e as Federacións provinciais, así como as asociacións de comerciantes, entre elas, Comercio Punto Compostela, asociación da que formamos parte.
O obxectivo é dinamizalo consumo no noso sector. Esta edición deu comezo o día 5 de xuño e durará ata o día 25. Poderán participar tódolos clientes que merquen nestas datas.
PREMIOS E SORTEOS: Entre os consumidores que participen na campaña sortearanse 12.000€ en premios (24 tarxetas prepago de 250€ e 40 tarxetas prepago de 150€). Estas tarxetas só poderán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos comerciais galegos. O sorteo dos premios realizarase ante notario o 29 de xuño de 2023.
DINÁMICA: Os nosos clientes poderán participar rexistrando a súa compra na seguinte ligazón.
Tamén nos imos rexistar os tickets xa directamente, pero se rexistramos ambos, terás doble participación.
Se sae premiado algún cliente noso daremos aviso.
Saúdos e Sorte
Álvaro Diez